Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Georgie Dann será a estrela do Entroido de Verán

RR_Noticias

A cita estival por excelencia de Redondela cumpre 20 anos, e co gallo deste aniversario recupera ao “Rei da canción do verán” para facer bailar ás máis de 30.000 persoas que se agardan nesta cita. Será o sábado 19 de agosto, e a festa complétase co grupo Broken Peach, unha sesión de picadiscos, programación infantil e música de charangas desde as 13.00 horas.

Hai dúas décadas que comezou o Entroido de Verán en Redondela, unha das citas máis multitudinarias do verán galego. Unha data “especial” como apunta a concelleira de Eventos, Ángela Antón, que levou ao Concello a contar cun dos grandes artirstas da música estival. O veterano Georgie Dann repite en Redondela once anos despois para facer vibrar ao púclico con éxitos como “El chiringuito” ou “La barbacoa”. Súmase ao cartel o grupo vigués Broken Peach, unha divertida formación con voces femininas que versionan temas desde Coldplay ata Bonnie Tyler. O seu videoclip do tema This is Halloween, é todo un fenómeno nas redes sociais, onde supera os 17 millóns de visitas. Non faltará a sesión de DJs, neste caso con valores locais como Rodri Vegas e Borja Rua. VII Gala Drag Queen Outro dos grandes atractivos deste entroido é a gala de Drag Queen que chega á súa détima edición, na que repite Cristian de Samil como presentador. Trátase da gala máis importante de Galicia destas caraterísticas, todo un espectáculo visual “para ver e admirar”, segundo Antón. Flashmob Esta edición do Entroido de Verán será tamén moi participativa, xa que se organizan dúas “Flasmob”, bailes sorpresa, nas rúas da vila á que esperan que se sumen centos de persoas. A coreagrafía, de Trix Animación, xa está a disposición de todos interesados nas rede (https://www.youtube.com/watch?v=DsB_3Qlczlg). Para participar só hai que ir ao video, aprender os pasos e dirixirse aos puntos de encontro, onde soará a música e comezará o baile. Será na Praza Ribadavia ás 19:30 horas e en Alfonso XII, diante do Concello, ás 20:00 horas. Ao rematar os flashmobs Trix Animación repetirá a coreografía no escenario principal e fará unha animación de baile a partir das 20:30 horas. Programación infantil Os máis pequenos contarán cun espazo pensado para eles con actividades e diversións. Na contorna da praza de Ribadavia haberá obradoiros de maquillaxe, máscaras e cociña. Instalaranse inchables na pista da Xunqueira e a Praza da Casa da Torre acollerá o espectáculo musical “A Bailar”. Seguridade e Transporte Haberá un servizo de transporte especial para a xornada do sábado 19. As liñas conectarán Redondela coas poboacións do Porriño, Pontevedra desde as 17.00 horas e con Vigo desde as 16.00. O regreso aos puntos de destino será desde a praza de Ponteareas. Haberá liñas cada 30 minutos ao longo de toda a noite, o último servizo de regreso será ás 9 .30 horas do domingo 20. Desde o Concello “animan” a todos os que se acheguen a Redondela a facelo no transporte público, dun xeito “cómodo e seguro” para gozar da festa “con responsabilidade”.

Ángela Antón edil de Eventos
O prato forte será a actuación de Georgie Dann.
Flashmobs
Organízanse dous bailes sorpresa para que participe o público.
VII Gala Drag Queen
Unha gala única en Galicia
Programación infantil
As actividades para os máis pequenos serán na praza de Ribadavia e na Casa da Torre.
Seguridade e transporte
O Concello anima aos asistentes a desprazarse en transporte público para facelo de xeito cómodo e seguro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará