Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os comuneiros do Viso melloran áreas recreativas e realizan traballos de prevención de incendios

RR_Noticias

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso está a realizar diferentes traballos en masas forestais de cara á prevención de incendios forestais e a mellora das masas arboradas da zona. Tamén traballan na posta en valor de áreas recreativas como as da Gándara, a Peneda, A Laguiña, A Lomba e o miradoiro do Monte Outeiro Grande.

Os traballos van dende o mantemento e limpeza de áreas de importante uso recreativo da contorna, ata a realización de limpezas de pequenas parcelas próximas ás núcleos habitados, así como intervencións para a eliminación de diferentes manchas de acacias.
Parte dos presentes traballos de silvicultura preventiva contan cunha axuda da Consellería de Medio Rural, aínda que neste caso a maioría son realizados con fondos propios da propiedade comunal. En xeral, o obxectivo destas labores vai encamiñado a crear roturas na continuidade da vexetación para minimizar o risco de incendios forestais, ademais de supoñer unha notable melloría para o desenvolvemento e consolidación das masas arboradas. Proximamente os comuneiros do Viso tamén realizarán melloras de carácter recreativo, dotando ao miradoiro do Outeiro Grande dun maior número de mesas e bancos para que os veciños poidan disfrutar deste espazo de lecer cunhas espectaculares vistas sobre a Ría de Vigo e a enseada de San Simón. a CMVMC do Viso tamén ten previsto recuperar parcialmente a masa arborada do monte Espiño, arrasado polo lume o pasado verán. Repoboarán con frondosas nas beiras das pistas e en valgadas para a constitución de devasas naturais, e con piñeiros do país naquelas áreas menos favorables para as frondosas autóctonas. Para estes traballoso veñen de solicitar axuda da liña de forestación de terras non agrarias da Consellería de Medio Rural.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará