Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.D. Choco arranca a liga en Ponteareas

RR_Noticias

O próximo domingo, 20 de agosto, comeza a liga da Terceira División galega, e xa coñecemos o calendario de enfrontamentos. Os de Marcos Montes comezarán a campaña 2017-18 como visitantes, ante o Cultural Areas. O obxectivo do club, como nos anos anteriores, é a permanencia.

Nesta temporada que está a piques de comezar o Choco conta con reforzos, entres eles o do redondelán Pablo Couñago, que durante o pasado exercicio militou no Alondras. Couñago, que cumpre 38 anos este mes, formará parella de ataque con Diego Silva. O club confía en que xuntos formen unha liña que marque diferenzas dentro do grupo primeiro da Terceira División. O regreso de Couñago ao Choco súmase á incorporación do lateral dereito Rubén Comesaña. Outra das fichaxes para este campaña é Antón Vilas, que pasou polo Rápido, o Izarra e o Arousa, e agora aterra en Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará