Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mª Carmen Amoedo asume a Alcaldía de Redondela por vacacións de Bas

RR_Noticias

Durante todo o mes de agosto a que é segunda tenente de alcalde en Redondela, Maria Carmen Amoedo, asume a alcaldía en funcións ocupando así o cargo que deixa baleiro momentaneamente Javier Bas e logo de que o primeiro tenente de alcalde, Miguel Ángel Álvarez manifestara a súa renuncia ao cargo por motivos persoais.

Dende mañá martes día 1 de agosto e ata finais de mes e ante a ausencia do alcalde por vacacións Redondela terá unha alcaldesa, iso si, en funcións. Durante os vindeiros 31 días a máxima responsable do organismo local será a tenente de alcalde Carmen Amoedo.
Un mes no que tradicionalmente a actividade política descende notablemente, de feito, incluso o pleno ordinario correspondente ao mes de agosto xa foi adiado e celebrarase o xoves 7 de setembro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará