Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Escola de vela en San Simón

RR_Noticias

O Centro recreativo e cultural de Redondela organiza dende o 26 de xullo ao 1 de agosto unha escola de vela que se vai desenvolver na Illa de San Simón e na enseada. A actividade, orientadas a nenos maiores de 9 anos e adultos, ten xa aberto o seu prazo de inscrición que rematará o vindeiro luns 24. As persoas interesadas poden inscribirse en horario de tarde na propia sede da entidade organizadora e ten un custe de 45 euros os socios, 60 os non socios.

Daniel Virulegio, presidente do Centro, explica que dende a chegada do seu equipo á directiva  marcáronse como unha das prioridades realizar actividades tamén no exterior do propio edificio e fomentar as de carácter deportivo. Neste caso, e logo do éxito das propostas en torno á vela desenvolvidas xa no ano pasado e durante este curso con escolares, deciden apostar por un espazo diferente “un lugar idílico para a práctica deste deporte como é a Illa de San Simón e a súa contorna”. As clases teóricas impartiranse nas instalacións da propia Illa e as prácticas terán lugar nos barcos de vela que ensinarán aos participantes a desenvolverse nas augas da enseada. O prazo de inscrición está xa aberto e pode formalizarse na sede do Centro na rúa Ernestina Otero en horario de tarde. Máis información no teléfono 986 40 02 56.  

Daniel Virulegio Centro Recreativo
Unha actividades complementaria con outras xa feitas en torno á vela
Unha semana de diversión e deporte
A inscrición está xa aberta

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará