Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela como presunto autor de varios roubos en Chapela

RR_Noticias

A vítima subiu ao fallado e descubriu que lle faltaba unha bicicleta, diversos artigos de cámping e xogos de videoconsola. O importe do subtraído superaba amplamente os 500 euros. Axentes da Policía Nacional identificaron a un home de trinta e catro anos de idade e veciño de Redondela como autor dun roubo con forza nesa vivenda da Rúa da Estación. O detido conta con sete antecedentes policiais.

Os feitos sucederon o pasado luns, cando se recibiu unha chamada na Sala Operativa do 091, na que unha veciña informaba que se acababa de producir un roubo nun trasteiro dun edificio da zona de Chapela.
Iniciada a investigación os axentes identificaron a un vello coñecido da policía como posible sospeitoso, polo que realizaron diversas pescudas para poder confirmar a súa imputación no roubo, á vez que solicitaban á propietaria unha listaxe detallada de todos os artigos que puidese botar en falta.
Mentres se realizaban as comprobacións, os investigadores descubriron a existencia previa de polo menos outros dous roubos coas mesmas características.
Este mércores procedeuse a súa detención e unha vez en dependencias policiais comprobouse que o detido contaba con sete antecedentes policiais anteriores, sendo varios deles por feitos similares ao descrito.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará