Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rematan as obras da ponte dos Pasais coa construción dunha pasarela peonil

RR_Noticias

Os traballos consistirá na construción dunha pasarela de granito e loseta no lado dereito da ponte sobre o río Alvedosa que permitirá aos peóns circular por esa marxe que até o momento carecía de beirarrúas. A obra contará cun orzamento de preto de 165.000 euros e comeza a súa exposición pública durante 20 días.

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, presentou este martes a última fase das obras de remodelación da ponte dos Pasais na estrada PO-250, xunto ao alcalde de Redondela, Javier Bas e a concelleira de Obras e Servizos, María José Barciela. Os traballos consistirán na construción dunha pasarela peonil de granito e loseta na marxe dereita da estrada que comunica Redondela con Pazos de Borbén e que completará as obras que foran aprobadas en 2012 e nas que só se recollía a execución dunha beirarrúa na marxe esquerda o que obriga aos viandantes a cruzar a estrada para poder circular con seguridade pola zona. O alcalde Redondela destacaba a complexidade desta obra que rematará co perigo que supuña esta estrada tanto para os peóns como para os condutores. López-Chavez subliñaba a importancia do proxecto para finalizar coa execución das medidas para garantir a seguridade viaria neste tramo da PO-250 sobre o río Alvedosa. Coa construción desta pasarela peonil rematan uns traballos que comezaron en 2015 e consistiron no ancheamento da estrada de dous carrís de cinco a sete metros e a construción dunha beirarrúa na marxe esquerda de 2,25 metros. Agora o proxecto continúa a súa tramitación administrativa coa exposición pública durante 20 días e presentación de alegacións. Finalizado este prazo e cos informes técnicos procederase á licitación da obra por parte da Xunta de Galicia.

Delegado da Xunta Ignacio López-Chavez
O delegado da Xunta en Vigo destaca a importancia destas obras garantir a seguridade viaria na zona
Alcalde Javier Bas
Complétanse os traballos de reforma da ponte de Xulián demanda dende hai anos polos veciños
Obras e prazos
A obra consistirá na construción dunha pasarela peonil sobre o Alvedosa. O proxecto comeza a súa exposición pública.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará