Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nunca é tarde (nin demasiado cedo) para aprender música

RR_Noticias

O Conservatorio e a Escola de música de Redondela teñen aberto o prazo de inscrición nos diferentes estudos que se imparten neste centro educativo. Ata  o vindeiro día 14 está aberto o prazo oficial para se matricular nos estudos do Conservatorio e durante todo o mes os que o desexen poden achegarse a estas instalacións, en horario de mañá, para coñecer cales son todas as ensinanzas nas que hai prazas vacantes. A directora, Elisa Arias, anima a todos os que o desexen a se inscribir “porque sempre teremos algunha opción adaptada a calquera idade e a calquera interese, para que ninguén quede fóra”.

A matrícula no Conservatorio está máis restrinxida “moitas das prazas están ocupadas por xente que accede do curso precedente ou por aqueles que fixeron a correspondentes proba de acceso”. Con todo, engade Elisa Arias que hai prazas aínda pendentes de cubrir polo que anima a todos os que poidan estar interesados a achegarse a esas instalacións situadas nas antigas escolas en Santa Mariña. Máis doado é facerse con praza na Escola de Música, onde tamén se poden aprender multitude de instrumentos e se da cabida aos máis pequenos, con clases para rapaces a partir de tan só 3 anos de idade. Unha aprendizaxe que Arias recomenda encarecidamente “é un xeito de traballar a memoria e a atención dende idades temperás que adoitan recomendar todos os pedagogos”. Lembra que se intentan organizar grupos en función da demanda existente. Chamamento tamén aos adultos que ademais de acceder a un instrumentos teñen a posibilidade de se apuntar nas clases de linguaxe musical.  

Elisa Arias directora do Conservatorio
Disciplinas para todos
Nenos a partir de 3 anos
Os máis pequenos tamén poden achegarse a este centro educativo
INstrumentos e clases de linguaxe musical
Os maiores tamén teñen moito onde elixir

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará