Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Elena Casal: “Os árbitros somos os incomprendidos”

RR_Noticias

Esta veciña de Rande vén de entrar na elite da arbitraxe, xa que a próxima temporada pitará na Primeira Nacional feminina, ademais de na Terceira División masculina. Todo un reto persoal para Casal, que afronta con ilusión e responsabilidade esta nova etapa. Sinala que a arbitraxe galega está “a un nivel moi alto” e soña con seguir cumprindo metas.

Elena Casal viña arbitrando ata a data na Rexional Preferente masculina e na Segunda División feminina. Pero a Federación Española acábaa de ascender e o próximo curso pitará, como a tamén galega Zulema González, na máxima categoría feminina. Leva no mundo da arbitraxe desde os 15 anos, e sinala que este ascenso é “un premio á boa temporada realizada na pasada campaña”. Comezou na arbitraxe dun xeito casual, porque o seu irmán practicaba fútbol, pero cando ía ao campo a ver os  partidos o que máis lle chamaba a atención era a figura do colexiado. Decidiu probar, e foille moi ben. Con todo, advirte que hai moito traballo detrás. Esta veciña de Rande tivo que superar duras probas, realizadas en Madrid, tanto prácticas como teóricas, para acadar o ascenso. Sinala que a preparación non é só física, senón tamén psicolóxica, porque a labor do árbitro sempre é “incomprendida”. Lamenta que ninguén perdoa os seus “erros”. Para fuxir da presión, Casal céntrase “no seu traballo”, no que acontece no terreo de xogo, e evádese por completo dos berros ou comentarios desde a grada. Limítase a facer cumprir as regras de xogo, e a súa actitude é a mesma “sexa un partido de fútbol masculino ou feminino”. Tampouco aprecia diferenzas de trato con respecto aos seus compañeiros homes, e explica que a día de hoxe “ninguén se sorprende de que o árbitro dun partido sexa muller”. Agora só pensa no seu primeiro partido en Primeira División e facelo “o mellor posible”. Recoñece que agora terá que viaxar máis, pero iso tampouco será un problema, xa que recoñece estar “encantada” coas viaxes e poder coñecer distintas cidades.  

Elena Casal árbitro
Fala dos seus inicios e o traballo que hai detrás
Premio a súa constancia
Así asume o ascenso á máxima categoría

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará