Hoxe é Luns 19 de Abril de 2021

Concentración contra a violencia de xénero

RR_Noticias

A praza do concello acolle hoxe luns ás 19:00 horas unha concentración en contra da violencia de xénero correspondente ao mes de xullo. A Asociación cultural As Choqueiras, serán as encargadas de ler o manifesto nesta ocasión.

Esta iniciativa, ideada e consensuada polo Consello Municipal da Muller no que participan colectivos de mulleres redondelás, partidos políticos e sindicatos, ten como obxectivo aumentar a visibilidade deste tipo de violencia e tamén sensibilizar á poboación sobre que a eliminación destas condutas violentas contra a muller, depende de todas e todos. Tamén se quere mostrar a repulsa da cidadanía redondelá cara a violencia de xénero e o seu apoio a todas as persoas vítimas desta lacra social.
O acto, que se desenvolverá o vindeiro luns 3 de xullo na praza do Concello ás 19.00 horas, incluirá ademais da propia concentración a lectura dun texto que será colleita, neste mes, da Asociación cultural pandereteiras As Choqueiras de Redondela. E como símbolo se gardará un minuto de silencio e se procederá a colocación dunha lona en contra da violencia de xénero no balcón do Concello dende primeiras horas do día.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *