O novo técnico asume a dirección do equipo que actualmente milita na Liga Galega Sur, co obxectivo de ascender a 3ª División. Merino, quen xa estivera ao fronte do RedondelaF.S. regresa así a este club logo da marcha de Manuel Otero.
Unha vez coñecida a marcha por motivos persoais de Manuel Otero “Nolo” e Álvaro Gil “Varo”, a directiva que preside Antonio Bas comezou a barallar nomes que puideran adaptarse á filosofía do club tanto no terreo de xogo como fora deles.
A figura de Javier Merino, cunha ampla traxectoria e experiencia neste deporte, adáptase ás esixencias do club. Un técnico que ten dirixido a seleccións locais e equipos como Labor, Marcote, IES Coruxo, Afán Vigo, Bueu, Tui Futsal ou o propio Redondela FS nunha etapa anterior. Dende o club agradecen a Nolo e Varo “a súa dedicación e traballo durante estes anos”.