Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Emotiva homenaxe a Daniel Beltrán en Arealonga

RR_Noticias

Unha manifestación organizada polo IES de Teis en memoria de Dani Beltrán e en apoio á súa familia percorreu esta mañá o traxecto desde o instituto ata a praia de Arealonga, onde o mozo faleceu dun tiro na noite de San Xoán. Unhas 200 persoas, entre alumnos do centro, mestres, familiares e veciños asistiron á convocatoria. O director do centro, Luis Vilán, leu un manifesto e tamén se gardou un minuto de silencio. O acto rematou cunha ofrenda floral.

No manifesto, os responsables do instituto quixeron amosar o seu apoio á familia da vítima, que participou no acto, así como a súa total repulsa a actos “violentos e gratuitos” como o que acabou coa vida de Daniel. A mestra Ana Rúa, do equipo directivo, amosábase satisfeita pola alta participación no acto, mostra dunha sociedade “unida contra a violencia”, e avogou pola educación como ferramenta para facer deste “un mundo mellor”. Moitos alumnos participaron na manifestación, como Anxo, que quixo así dar o seu “total apoio” á súa compañeira Ana Beltrán, irmá da vítima, e que participou tamén no acto. Este mozo advertía que “calquera podería ter sido a vítima” xa que moitos mozos estaban en Arealonga na celebración das fogueiras esa noite. Na homenaxe participaron tamén ex alumnos do IES, como Erika, quen se solidarizaba coa familia, e lamentaba que o acusado do crime, cun longo historial de antecedentes, “non estivexe vixilado”. O suposto asasino de Dani Beltrán, o vigués José Luís Lúa, ingresou onte en prisión tras prestar declaración nos xulgados de Redondela. Dáse a coincidencia de que a Audiencia ordenara revisar a libertade do criminal xusto o día antes do asasinato.

Manifesto do IES Teis
O director Luis Vilán leo o manifesto
Solidaridade e unión contra a violencia
Luis Vilán leu o manifesto
Ana Rúa equipo directivo
Educación para facer un mundo mellor.
Erika ex alumna
Máis vixilancia para os delincuentes perigosos.
Anxo compañeiro de Ana
Este alumno advirte que calquera podería ter sido a vítima

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará