Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A empresa encargada das obras da AP-9 comprométese a facer cumprir o convenio laboral

RR_Noticias

A UTE Dragados-Grupo Puentes, que se encarga das obras de ampliación da ponte de Rande, trasladoulle á CIG que fará que as subcontratas que se encargan dos traballos cumpran o convenio en materia de xornada e de salario. Así llo trasladou a empresa ao sindicato nacinalistas nunha reunión celebrada logo da ocupación simbólica das obras por parte da central a semana pasada para denunciar as condicións laborais dos traballadores.

Na reunión que tivo lugar na sede da UTE en Chapela participaron o secretario nacional da CIG-Construción, Xoán Xosé Melón, e o comarcal da federación en Vigo, Carlos Méndez. Ao remate do encontro, os representantes sindicais explicaron que a compañía solicitou un prazo de tres semanas para transmitirlles ás arredor de 40 subcontratas que hai nas obras que teñen que cumprir o convenio provincial da construción en materia salarial e de xornada “en concreto a realización de xornadas laborais de oito horas e o pago conforme ao establecido no convenio”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará