Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG pide a Declaración de Ben de Interese Cultural para os viadutos de Redondela

RR_Noticias

A moción será debatida no pleno que se celebra este mércores ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira e no que se estrearán como concelleiros Xosé Covelo da Agrupación de Electores e Enrique Fojo en substitución da concelleira non adscrita Raquel Quintáns. Por outra banda presentará a súa renuncia nesta sesión os edís de AER Ricardo Figueroa e Beatriz Laíño.

Un dos asuntos que previsiblemente se abordará na sesión será unha moción do BNG na que reclaman entre outras cuestións que dende o Concello se realicen as xestións oportunas ante a Consellaría de Cultura, para a declaración dos Viadutos de Redondela, como Ben de Interese Cultural.
Unha proposta que xurde a raíz da actuación que  o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) está a acometer no Viaduto de Pontevedra para o reforzamento da súa  estrutura co cambio de pezas deterioradas, repintado, eliminación de maleza e construción dunha viga de formigón armado, no estribo de Redondela na coroación dos apoios, onde se van anclar ata 10 cables. Entenden os nacionalistas que esta obra máis que a posta en valor do viaduto de máis de 130 anos de antigüidade “busca consolidar a infraestrutura coa finalidade de que o tráfico de mercadorías se converta no seu uso principal”.
Instan a ADIF que aproveite esta intervención para instalar elementos redutores dos ruídos emitidos polos convois e outras medidas (insonorización das vivendas; limitacións de velocidade segundo horarios, diurnos ou nocturno,…) para reducir “a contaminación acústica que a diario padecen os que viven preto da ponte”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará