Hoxe é Luns 20 de Setembro de 2021
History
Stations
NOTHING FOUND!

Cesantes acolle a 150 remeiros na IV Bandeira Concello de Redondela de Traíñas

RR_Noticias

A Enseada de San Simón será o sábado a protagonista do remo galego coa Bandeira Concello de Redondela. A cita é ás 16:45 horas, fronte ao peirao, co marco incomparable da Illa de San Simón. Participarán os sete equipos da liga B, aos que se suma tamén a tripulación do club organizador, o C.C.D. Cesantes.

Esta fin de semana non hai regatas puntuables da liga Galega de Traiñeiras, pero a actividade non se detén, xa que é a quenda da Bandeira Concello de Redondela. O concelleiro de Deportes, Julio Mougán, falou na presentación da regata que “do compromiso do Concello co remo”, un deporte tradicional en Galicia, por iso apoian esta disciplina con varias bandeira. Jorge Rodríguez, presidente do C.C.D. Cesantes, salientou a ampla participación de clubs na regata, e agradeceu a colaboraicón do Concello redondelán, xa que se trata do “único” en Galicia que organiza tantas bandeiras de remo. Esta será a primeira regata da temporada que confronta aos barcos da liga B, e aínda que non é puntuable, iso non lle restará importancia nin competitividade. En canto á realización da proba, serán dúas mangas, aliñándose na primeira os equipos de Mera, Muros, Cedeira e Esteirana; e na segunda manga, Virxe da Guía, Vila de Cangas, Mugardos e Cesantes. Para Rodríguez Crespo, os barcos de Mera e Cedeira parten como favoritos para levar a bandeira. Os participantes realizarán un percorrido duns 5.000 metros con catro boias e dúas viradas. Desde a organización agardan ter un espléndido día de remo, e anima aos veciños a presenciar a regata nun entorno inmellorable como é a Enseada de San Simón.  

Julio Mougán concelleiro de Deportes
Mougán salienta a importancia do remo en Redondela.
Jorge Rodríguez presidente do C.C.D. Cesantes
Os organizadores salientan o elevado número de participantes na regata e o apoio do Concello ao remo en Redondela.
Favoritos ao título
Para os organizadores as embarcacións de Mera e Cedeira son as favoritas para facerse coa bandeira.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *