Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo para solicitar as axudas de comedor

RR_Noticias

O Concello vén de abrir o prazo para solicitar as Axudas de Comedor para o vindeiro curso escolar 2017-2018. Poden acceder a elas ás unidades familiares, e de convivencia, nas que haxa menores escolarizados en centros públicos situados no Concello de Redondela e que cursen 2º ciclo de Educación Infantil (3-5 anos) ou Educación Primaria, e fagan uso do servizo de comedor escolar. En total destinaranse a estas axudas 30.000 euros. Os interesados deben solicitalas  antes do 10 de xullo.

As axudas, ás que o Concello de Redondela destinará un total de 30.000€, cubrirán o período comprendido dende o comezo do curso escolar, en setembro de 2017, e ata o remate do curso escolar, en xuño de 2018. Os solicitantes terán que estar empadroados en Redondela, e con residencia efectiva permanente no mesmo, cunha antigüidade mínima de 1 ano inmediatamente anterior á data das bases e convocatoria (requisito non será preceptivo cando se valore favorablemente no informe social pola súa especial gravidade), contar con praza adxudicada para os menores no servizo de comedor escolar dun centro educativo público situado no concello, non exceder dunha renda per cápita anual para a unidade familiar dos menores, durante o exercicio 2016, que será a seguinte : familias de 2 membros, 12.000€; de 3 integrantes, 15.000€; de 4 compoñentes, 18.000€; de 5 persoas, 21.000€ e de 6, non máis de 24.000€.
A concelleira de Benestar, Maria del Carmen Amoedo, salienta a importancia destas axudas que este ano adiantan a súa convocatoria dous meses e que teñen coma obxectivo esencial “garantir a escolarización, compensar as posibles carencias de tipo familiar ou económico, promover a conciliación da vida familiar e laboral, evitar situación de risco,facilitar o rendemento escolar e asegurar unha nutrición axeitada ás rapazas e rapaces “.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará