Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Protesta en Rande para denunciar a explotación laboral nas obras de ampliación da AP-9

RR_Noticias

Ducias de traballadores convocados polo sindicato CIG-Construcción e CIG-Industria protagonizaron no medio día de hoxe unha protesta nunha nunha das marxes da Ponte de Rande para denunciar o que cualifican de “explotación laboral nas obras de ampliación”.

O sindicato nacionalista denuncia que os operarios traballan de media entre 10 e 11 horas diarias e que perciben 7 euros por hora. Unha marcha protesta que durou pouco máis dunha hora e que non entorpeceu o tráfico ao percorrer os traballadores a banda de Moaña, ao carón da peaxe. Na acción participaron ao redor de 200 traballadores.
Ao pouco de acceder a un dos carrís en construción, segundo explican dende a CIG, representantes da UTE formada por Dragados e Grupo Puentes puxéronse en contacto con responsables do sindicato para fixar unha xuntanza na que analizar a problemática laboral que se vive nos traballos de ampliación da ponte de Rande, obra que depende do Ministerio de Fomento. Está previsto que a reunión teña lugar a vindeira semana e namesma abordaranse cuestións como as condicións laborais dos operarios con xornadas excesivas de entre 10 e 12 horas e nunhas condicións que supoñen un perigo para a súa integridade: nalgúns casos a 60 metros de altura e a pleno sol. “E todo isto con salarios de sete euros a hora, -incluíndo vacacións, indemnizacións, liquidacións e pagas extra-, moi por debaixo das táboas que marca o convenio colectivo”, denuncian.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará