Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O indio Abhishek Kumar Sharma percorre o mundo en bicicleta en nome da paz

RR_Noticias

Abhishek é un home da India de 28 anos que se propuxo realizar unha viaxe á volta do mundo para loitar contra o cambio climático e a promover a paz. A súa aventura comeza en novembro de 2014 e rematará en 2020 tras percorrer 95.000 km e máis de 90 países de todos os continentes. Ata o día de hoxe, ten realizado máis de 30.000 km pe percorrido 37 países de Asia e Europa. Esta fin de semana durmiu no albergue A Casa da Herba en Redondela.

O seu proxecto está apoiado polo primeiro ministro da India e, polo de agora ten tido un impacto en máis de 4.000 escolas onde ten impartido conferencias, participado en ducias de programas televisivos e ofrecido entrevistas en múltiples medios de Asia e Europa.
A súa estratexia é loitar contra o cambio climático mediante a concienciación da sociedade ofrecendo charlas en colexios, universidades, asociacións e institucións promovendo a activación de programas de cambio climático e paz mundial. O seu exemplo é a mellor carta de presentación.
Polo de agora leva usado tres bicis diferentes, e de seguro aínda terá que facer moitos cambios ata lograr o seu obxectivo de superar eses 95.000 kilómetros que se ten marcado como meta.
Vive de doazóns e da axuda da xente, unha axuda que atopou tamén en Redondela, onde os propietarios do alberte, a Casa da Herba abríronlle as súas portas completamente de balde.
O seu destino é voltar á India en 2020 e comezar a construción dunha eco vila na súa rexión.
Abhishek, Abhi para os amigos, é unha persoa entusiasta, de perfil positivo que transmite tranquilidade, determinación e paz. Pódese seguir o seu percurso na súa páxina de facebook ou no seu blog (https://www.facebook.com/AbhishekWorldTraveller)
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará