Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alfombras e Danza das Espadas e as Penlas: cando a tradición se fai arte (efémera)

RR_Noticias

Se hai dous elementos que definen as Festas da Coca de Redondela son, sen ninguna dúbida, a Danza das Espadas e as Penlas e as alfombras florais. Dúas actividades que reviven ano tras ano grazas a participación de numerosos veciños e veciñas que invisten o seu tempo e esforzo para manter estes elementos tradicionais que xunto coa mitolóxica Coca conforman esta festa declarada de Interese Turístico de Galicia.

Elementos todos eles que estarán presentes mañá mércores, na xornada inaugural das nosas festas patronais que arrancarán ás 17:30 horas co desfile de Xigante e Cabezudos e a lectura do pregón ás 20:00 horas a cargo de Carlos Alonso Martínez “Fosca”. A continuación terá lugar o relevo das penlas, dándose a coñecer ás dúas nenas que este anos participarán da Danza das Espadas. Nenas e mulleres que levan ensaiando dende febreiro, data na que se elixiron ás penliñas, rapazas de entre 4 e 6 anos de idade que foron elixidas logo de valorar a súa destreza e habilidade á hora de manterse bailando sobre as Burras. Un acto o de mañá que contará cunha homenaxe moi especial, a que se lle rende a Margot Araujo “alma e corazón desta celebración”. Pola noite comezará o traballo final das alfombristas. Unhas 70 mulleres que dende hai un mes están a traballar na tulla, mimosa e mirto e que nestes últimos días invisten o seu tempo nas flores. Explica Merchi, experta na elaboración das alfombras, que non se pode traballar coa a flor ata os últimos días “porque de facelo antes poríase murcha”. Uns traballos que nesta edición contan con máis xente do habitual, xa que foron moitas veciñas, logo de anos facendo un chamamento a participación, que este ano ofreceron as súas mans para colaborar. Os tapices que van decorar as rúas adoitan presentar motivos diversos, que van dende os relixiosos, florais ou xeométricos ata outros máis “arriscados” como os debuxos celtas. Unhas alfombras que serán foco de atracción para centros de persoas na mañá do Xoves do Corpus e pola que descorrerá a procesión que rematará na Praza da Constitución co tradicional baile das Espadas. Un total de 21 danzantes que levan tamén semanas ensaiando. E aproveitando estas celebracións, o concello organiza este mércores ás 12:00 horas na Praza do Concello un acto de presentación e izado da bandeira de Redondela. A bandeira baséase nun estudo levado a cabo polo Seminario de Estudos Redondeláns (SEREN) para a legalización dos símbolos de Redondela que incluía o Escudo de Redondela e a bandeira: un pano cor granate e centrados no mesmo a R e as tres cunchas de vieira. Este acto estará amenizado pola Banda de Música de Redondela que no momento do izado interpretará o himno do Reino de Galicia. E a continuación, ás 13:00 horas terá lugar a inauguración da exposición en torno á Coca que se poderá visitar no Multiúsos da Xunqueira.  

Danza de Burras e Penlas
As novas penliñas daranse a coñecer nun acto na tarde do mércores
Ensaiando dende Febreiro
Nenas de entre 4 e 6 anos
Homenaxe a Margot
Unha sentida homenaxe para quen foi un referente
Alfombras
Traballando dende hai un mes
Deseños variados
Dende os relixiosos xeométrico ou incluso celtas
Danza das Espadas
Os 21 mozos xa teñen todo preparado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará