Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festival de Habaneras e canción mariñeira

RR_Noticias

A Concellería de Cultura do Concello de Redondela organiza esta fin de semana o Festival Municipal de Habanera e Canción Mariñeira onde participarán seis corais de Redondela. As actuacións terán lugar no Multiúsos na xornada de sábado e domingo con entrada de balde ás 20:00 horas e a participación dun total de seis grupos corais.

O sábado subiranse ao escenario os grupos Coral “Pedra Blanca” de Cesantes, Coral “Ondas do Mar de Vigo” tamén de Cesantes e a Coral “Santiago Apostol” de Redondela. O domingo as actuación, que serán tamén a partir das 20:00 horas, contarán coa presenza da Coral Polifónica  “O Piñeiral” de Chapela, Coral “Soc. Labrego Cultural Reboreda” de Reboreda e Coral Polifónica “Frol Nova” de Chapela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará