Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un xoves de literatura e música

RR_Noticias

Ledicia Costas inaugura a feira do Libro “A muller lectora” nun acto que se celebrará ás 19:30 horas na Praza do Concello. Pouco despois, ao redor das 22:00 horas arrancará o Festival alternativo Millo Verde coa música de Tres por catro, Andhrea &he Black Cats e Sete Cuncas na praia da Punta.

A inauguración terá lugar ás 19:30 horas e chegará precedida dun concerto da Orquestra de Saxos de Redondela. Estará presentes a presidenta da Federación de libreiros de Galicia, Pilar Rodríguez, a deputada Digna Rivas, o secretario Xeral de Cultura Anxo Lorenzo e o alcalde, Javier Bas. A continuación intervirá a premiada escritora Ledicia Costas e farase unha visita ás casetas, que este ano increméntanse ata as 7 librarías participantes. Unha cita inaugural á que lle seguirá durante os vindeiros días un intenso programa de actividade que inclúe presentacións literarias, actividades de contacontos e un concerto de As Maimiñas, quen presenta o libro CD Volta, Revolta e Reviravolta pola Editorial Galaxia. E tamén hoxe arranca o Festival alternativo Millo Verde que durante tres días se vai desenvolver na praia da Punta en Cesantes. Actividades para todos os públicos con citas deportivas e propostas para os nenos, pero, sobre todo, moita música chegada dende diferentes puntos de Galicia, Portugal, Reino Unido e Alemania. Para facilitar o traslado haberá buses lanzadeira dende a praza da Farola. Un programa intenso que arrancará na noite do xoves con concertos a cargo do grupo de música tradicional Tres por Catro, a banda de blues clásico Andhrea & the Black Cats e o rock bravú de Sete Cuncas.  

Inauguración Feria do Libro
Con Ledicia Costas
Concerto MIllo Verde
O xoves a partir das 22:00 horas na praia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará