Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha motorista resulta ferida nun accidente de tráfico na rúa Alfonso XII

RR_Noticias

O accidente producíase contra as 10.30 desta mañá, a altura da Praza de Figueroa, pola colisión entre unha motocicleta e un turismo. Na moto viaxaba unha parella, sendo a muller a que pilotaba, e a única persoa que resultou ferida. Os servizos de emerxencias trasladárona ao Centro de Saúde de Redondela, con varias contusión.

Ao parecer o ciclomotor circulaba sen o seguro obrigatorio, e tampouco tiña pasada a ITV. A policía local de Redondela, que se desprazou ao lugar do sinistro, explicaba que “aínda é cedo para coñecer as causas do accidente”. Os axentes recolleron os datos das persoas implicadas no sinistro e restableceron a circulación na zona do accidente, onde se rexistraron leves retencións.  

Policía Local
A Policía Local de Redondela desprazouse ao lugar do sinistro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará