Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta subvencionará a rehabilitación de vivendas adheridas ao programa de vivendas baleiras

RR_Noticias

Os propietarios dalgunha vivenda en Redondela que queiran sumarse ao programa de vivendas baleiras, que promove poñer a disposición dos concellos vivendas desocupadas, para poder destinalas a persoas en situación económica desfavorecida, poderán solicitar axudas de ata 5.500 euros parta a realización de obras de conservación, mantemento e rehabilitación das mesmas.
 

O importe máximo das axudas será de 5.500 euros no caso de vivendas unifamiliares e de 4.000 euros cando se trate de vivendas emprazadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva.
Na área de Vigo están adheridos ao Programa de Vivendas Baleiras os concellos de Redondela, Ponteareas, Gondomar e Baiona, aínda que non en todos os casos teñen as bases do mesmo aprobadas, sendo un dos requisitos establecidos para que os propietarios das vivendas poidan acceder ás axudas.
Poderán beneficiarse destas axudas as persoas, físicas ou xurídicas, que sexan propietarias ou usufrutuarias das vivendas e promoveran as actuacións subvencionables. As vivendas deberán estar incluídas neste Programa e as obras deberán realizarse despois da data de solicitude de inscrición no mesmo e antes de solicitar a subvención, sendo necesario un informe municipal que acredite a necesidade das actuacións para as cales se solicita a subvención.
Serán subvencionables as seguintes actuacións: Obras de conservación e mantemento, obras de rehabilitación precisas para garantir a habitabilidade da vivenda, así como o correcto funcionamento das súas instalacións ou a súa adaptación á normativa vixente e axustes na distribución interior da vivenda que non impliquen unha alteración substancial da súa configuración.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará