Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arrestados catro furtivos na Praia da Punta con 50 kilos de ameixa

RR_Noticias

A detención produciuse logo de que o patrón maior da Confraría, Clemente Bastos puxera en marcha un dispositivo para capturalos, xa que sabía da acción dos furtivos dende hai un mes. Estima que en todo este tempo perderon uns dous mil kilos de marisco. Os arrestados foron levados a comisaría de Vigo para a súa identificación e quedaron en liberdade.

Non era a primeira vez que os furtivos actuaban nos bancos marisqueiros de Redondela nin tampouco a primeira que o patrón maior solicitaba a colaboración das autoridades para actuar contra estes mariscadores ilegais. Pero así como hai un mes as súas demandas non tiveron resposta, nesta ocasión lograron deter a catro persoas que estaban a saquear a ameixa na zona.
Axentes da Policía  Local, Nacional e Autonómica acudiron a chamada de Clemente Bastos logo de que detectaran aos furtivos na noite do luns ao martes. Catro persoas foron detidas e identificadas con preto de 50 kilos de ameixa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará