Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes esixe medidas para deter a degradación costeira da parroquia

RR_Noticias

A praia de Cesantes é o areal de referencia para todos os veciños de Redondela. Especialmente preocupados amósanse os veciños de Cesantes, que ven como ano tras ano a cantidade de area presente nesa praia diminúe. Denuncian a falta dun plan integral que actúe contra este problema e, pola contra, critican que se acometan medidas que aínda agravan máis a situación. Poñen como exemplo o xeito de retirar as algas “cun camión que leva grandes cantidades de area” ou mesmo a “retroescavadora que esta mesma fin de semana actuaba sobre o areal  desprazando a area da zona alta da praia cara o mar”.

Muros a caer ou obras que inclúen a construción de muros practicamente sobre a area son algunhas das actuacións que dende a Asociación de Veciños entenden están a degradar aínda máis un litoral xa moi afectado e castigado pola constante perda de area. Outra das cuestións que máis preocupación está a xerar entre os veciños é o xeito de traballar para retirar as algas que se acumulan na praia. Por unha banda o “cheiro insoportable” que producen os colectores onde se depositan as algas e, por outra, a posterior retirada das mesmas “un camión cunhas pinzas que ademais das algas retira terra e vai deixando fochancas alí onde traballa”.  

Fernando González AVV Cesantes
Unha praia moi degradada
Depósito e retirada de algas
Entende que debería empregarse outro sistema máis respectuoso co medio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará