Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela aumentará a seguridade viaria na Estrada do Campo de Fútbol

RR_Noticias

A proposta, recollida nunha moción presentada polo PSOE, pasa por substituír o modelo de estacionamento en batería polo aparcamento en liña e que se mellore a accesibilidade no tramo de beirarrúa existente. Os grupos da oposición apoiaron a proposta que saíu adiante malia a abstención do PP quen argumentou que deben ser os técnicos os que valoren se as medidas demandadas son axeitadas.

A retirada dos postes da rede de telefonía ubicados nesta Estrada supuxeron unha mellora na circulación nun vial que da acceso a Cesantes e que é moi empregado polos país e nais que levan aos seus fillos aos colexios de Santa Mariña. Serve tamén de acceso para todos aqueles que queren acceder ao aparcamento situado detrás do Instituto Pedro Floriani. Precisamente o elevado tráfico que circula por esta vía, principalmente as nove da mañá e dúas do mediodía coincidindo coa entrada e saída do alumnado, levou aos PSOE a reclamar, novamente, que se acometan unha serie de medidas que melloren a circulación pola estrada. Pequenas modificacións que entenden suporán unha mellora na seguridade viaria. Todos os grupos da oposición apoiaron a proposta aínda que dende o BNG a cualificaron “pouco ambiciosa”. O edil nacionalistas Xoán Carlos González aproveitou para criticar que seis anos despois da chegada do PP ao goberno “sigamos esperando polo tan anunciado Plan de tráfico”. Criticaba tamén o edil que nos últimos tempos a situación teña empeorado “porque o PP non ten intención de recuperar espazos para os peóns, a súa única política no que respecta a estradas e camiños pasa por botar piche. Renuncias Un pleno no que se fixo efectiva a renuncia dos edís Jorge Varela “Chopi” e Raquel Quintáns. Tal e como estaba previsto, os edís presentaron a súa renuncia para dar paso a novas incorporacións. No caso da concelleira non adscrita entrará na corporación o segundo da lista Enrique Fojo. No lugar de Jorge Varela Chopi, asumirá o posto de concelleiro Xosé Covelo. Chopi despediuse da corporación cunha frase do anarquista e sindicalista Buenaventura Durruti.  

Arturo González concelleiro de Tráfico
Considera que deben ser os técnicos os que valoren se as medidas son as axeitadas
Eduardo Reguera edil PSOE
Reclama modifciacóns na zona para mellorar a seguridade viaria
Xoán Carlos González edil BNG
Consideran a proposta pouco ambiciosa e critican que en seis anos non se puxese en marcha o Plan de Tráfico
Despedida Jorge Varela "Chopi"
O edil de AER despedíase da corporación cunha frase de Buenaventura Durruti

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará