Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cinco familias pendentes de demolición

RR_Noticias

Chapela volve saír a rúa. Faino este venres ás 20:00 horas nunha convocatoria da asociación de afectados pola AP-9. Reclaman un compromiso por escrito que garanta que se repoñerán os servizos na parroquia. Temen que nesta fase final das obras a empresa remate a ampliación e unha vez marchen as máquinas ninguén se responsabilice do estado no que quedan camiños, fontes e outros servizos. A situación máis preocupantes é a que afecta a cinco familias que residen nun edificio no barrio de Pasán e nunha vivenda unifamiliar no barrio de Rande, pendentes aínda da expropiación.

A manifestación partirá ás 20:00 horas dende o torreiro da igrexa ata a rotonda da AP-9 regresando ao pavillón de deportes. Unha mobilización que ten como obxectivo principal esixir a reposición de todos aqueles servizos afectados polas obras así como melloras que inclúen o soterramento do transformador existente na zona da Igrexa e que se defina que vai pasar co edifico de Correos, cuxa demolición está pendente de que se traslade a oficina postal. Con todo, unha das cuestións que máis preocupan nestes momentos é saber que vai pasar con esas cinco familias aínda pendentes da expropiación das súas vivendas. Catro residen nun edificio de Pasán cuxa cimentación está afectada polos traballos de ampliación, a outra é unha vivenda unifamiliar que queda metida debaixo do terceiro carril da Ponte na zona de Rande. Dende a Asociación de Afectados César Domínguez lembra novamente a negativa do colectivo, de país e nais e da comunidade educativa a que se abra o terceiro carril da autoestrada mentres os nenos non sexan tasladados ao novo centro “Audasa mantén a súa proposta de construír un muro de formigón, pero só aceptaremos se hai un compromiso por escrito de que o carril non se abrirá mentres haxa nenos nas aulas”.  

César Domínguez Afectados AP-9
Fala das principais demandas nesta fase final das obras
Cinco familias por expropiar
Viven en dous inmobles afectados
Colexio Igrexa
Rexeitan a proposta de contruír o muro de formigón sen un compromiso por escrito

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará