Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela prepárase para o asalto final dos títeres

RR_Noticias

Intensa fin de semana a que nos deixa a programación do Festival de Títeres de Redondela cunha invasión de monicreques a cargo de nove compañías que ofrecerán a ta un total de 28 representacións de rúa, ás que hai que engadir as propostas de sala, as cinco e nove da noite, as actuacións musicais e a ruada “Estas coma un cencerro” polo paseo do Río Maceiras.

A programación do venres esta protagonizada pola compañía arxentina El Chonchón, encargada de pechar a programación escolar co espectáculo infantil “Los cómicos del novecientos”, mentres que pola noite ás 21:00 horas ofrecerá un pase de sala con “Juan Romeo y Julieta María”. Os arxentinos mostrarán como catro títeres poñen en escena a clásica traxedia de Romeo e Julieta de William Shakespeare cunha grande carga de absurdo e disparate. El Chonchón volverá ás rúas de Redondela na fin de semana con “Bruno Estampilla”, o sábado ás 18:00h e 20:00h no Campo da Petanca e o domingo ás 18:00h e 19:30h na Praza do Concello. Na fin de semana as propostas de sala chegarán o sábado con T´tieres sin cabeza e a súa obra “Recreo” ás 17:00 horas e xa pola noite, ás 21:00 horas co madrileño Didi Rodan e a súa proposta “Huellas en la Arena”. O broche de ouro correrá a cargo de Huber Marionettes dos Estados Unidos que ofrecerá o espectáculo “En suspensión” ás cinco e nove da noite. E mentres as rúas encheranse de espectáculos, música e propostas participativas como o rueiro “está coma un cencerro” que convida ao público a converterse nun rabaño de ovellas trashumantes que percorrerán o paseo do Río Maceiras a partir das 11:45 da mañá do domingo ou o show fin de festa que se celebrará durante a tarde na praza da Casa da Torre. E ata o remate do festival outras proposta a non perder pasa por achegarse aos autómatas que conforman a exposición de La Tartana, unha compañía de títeres que leva 50 anos elaborando os seus propios bonecos, algúns das cales pódense ver e manipular na sala de exposicións do Multiúsos.  

Carlos Piñero El Chonchón
A compañía ofrece un espectáculo de sala e varias representacións de rúa
Xandre Vázquez Festival
Dende a organización resumen o que será o groso de actividades da fin de semana
Luis Crespo festival
Fala da exposición de autómatas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará