Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de veciños de Chapela organiza un roteiro polas marxes do río Fondón

RR_Noticias

O percorrido da XII Marcha popular polas marxes do río Fondón irá dende a Senda da auga ata o nacemento do río e durante o mesmo os asistentes poderán ver muíños, pontes, fervenzas e a numerosa e variada fauna e flora existente neste entorno das parroquias de Chapela e Trasmañó. A marcha partirá ao redor das 10:00 horas dende o local da Asociación no camiño da Oliveira en Chapela.

Como é habitual ao remate da marcha sobre as 14 horas, os que o desexe poderán continuar a xornada participando do xantar popular que se desenvolverá nas mesas da área de descanso da “Chan da Lagoa” en Cedeira. Cada persoa deberá levar o seu propio xantar. Para facilitar a actividade haberá coches encargados de levar os xantares e as persoas que non poidan camiñar, poderán achegarse a esa área de descanso para comer todos xuntos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará