Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marga, unha muller titiriteira

RR_Noticias

Emotiva homenaxe a rendida polo colectivo Xente Titiriteira a Marga Maderal Cal no transcurso desta 18 edición do Festival Internacional de Títeres. Amigos e compañeiros asistían emocionados a este acto no que se lembraba a unha muller “combativa e solidaria” que aló polo ano 2000 decidía entrar na comisión que colocaba os primeiros alicerces dun festival que celebra este ano a súa maioría de idade.

Música, fotografías e unhas palabras ás que lle poñía voz un emocionado Eduardo Rodríguez Cunha Tatán serviron para lembrar a Marga Maderal Cal quen falecía o pasado mes de setembro nun accidente de tráfico. “Mulleres coma ti non parten, están” concluía Tatán logo de lembrar como dende os inicios esta mestra e titiriteira colaborou activamente primeiro para que o Festival botara andar e nos anos posteriores para que non decaese o ambiente festivo que rodea a esta cita.  

Tatán Xente Titiriteira
Un acto íntimo e emotivo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará