Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

400 ciclistas participan na copa Mini BTT de Pazos organizada pola Escola de Ciclismo de Redondela

RR_Noticias

A parroquia de Amoedo en Pazos de Borbén acollerá o vindeiro mércores día 17 a primeira copa Mini BTT que realiza este concello. Unha proba ciclista que nace co obxectivo de crear unha comunidade de afeccionados a este deporte no municipio. O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Igrexas, e o Concelleiro de Deportes, Fran Amoedo, presentaron o evento acompañado do equipo ciclista organizador, a Escola de Ciclismo Redondela.

A proba reunirá a máis de 400 mozos ciclistas, de 5 a 14 anos, que competirán en representación de case 30 equipos de toda Galicia e o norte de Portugal. A competición dividirase en 5 categorías nas que se disputa esta proba e ademais dos puntos acumulables para o campionato galego da especialidade, os campións de cada categoría recibirán uns premios conmemorativos desta primeira proba, trofeos que foron doados pola organización ASPAVI.
A organización deste I Campionato de mini BTT forma parte do plan de apoio ao deporte local que nesta ocasión ten na figura do novo campión local, Xián Alvariño, ao seu gran referente nesta especialidade.
Para a realización desta proba, e en colaboración coa Comunidade de Montes, deseñouse a construción de tres circuítos para as diferentes categorías nos arredores do campo de fútbol de Amoedo. En total destináronse case 6.000 metros cadrados á instalación do tres pistas, que entre o tres sumarán case 2 quilómetros de lonxitude.
Segundo a organización, a pista principal, na que se disputará a categoría infantil e que se converterá en circuíto permanente, ten unha dificultade media e unha lonxitude de 1.500 metros, cun pequeno repecho e diferentes obstáculos. As outras dúas pistas, nas que se disputarán as probas de prebenjamines, promesas, principiantes e alevíns, situaranse na chaira do campo de fútbol e a súa localización é provisional ata a finalización do campionato.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará