Hoxe é Mércores 21 de Outubro de 2020

Medio Ambiente confía en librar a praia de Arealonga da bandeira vermella

RR_Noticias

Nos últimos anos e de xeito periódico a praia de Chapela iza a bandeira vermella alertando aos bañista do mal estado das augas e da presenza de coliformes que desaconsellan mergullarse na auga. Co obxectivo de mellorar a calidade da auga neste areal, dende o Concello teñen realizado diferentes actuacións encamiñadas a ampliar o saneamento na parroquia e reparar aqueles punto que presentaban algún desperfecto nas canalizacións. O edil de medio Ambiente insiste con todo, en que a situación dese areal está moi condicionada polo funcionamento da depuradora de Teis.

O edil responsable de Medio Ambiente, Miguel Angel Alvarez asegura que se teñen acometido numerosas obras de mellora encamiñadas a eliminar posibles vertidos que acaban afectando á praia de Arealonga en Chapela. Concretamente, estas melloras consistiron en identificar aqueles puntos que producían algún vertido no río Pugariño que desemboca neste areal e proceder ao seu arranxo. Tamén ampliar a rede de saneamento. Explica o edil que as actuación máis importantes consistiron en dotar de saneamento as  zonas de Catro Pontes, Pousadoura, e Camiño das Silveiras, repara a mala conexión existente na zona do Penisal e renovar a rede na Ponteseca. Por outra banda, e logo de repetir bandeira azula para a marxe dereita da praia da Punta márcase esta Concellería como obxectivo a medio prazo, lograr ampliar ese distintivo á zona esquerda. Neste sentido, están pendentes dunha subvención da Xunta que permitiría mellorar a accesibilidade e outros servizos ao resto da praia E ante as queixas dalgúns veciños sobre o estado do parque infantil que se atopa no areal,  explica o edil que o deterioro que presentan algúns elementos de xogo é efecto da acción da area e a auga salgada e aclara que ante algunhas informacións que falan de vertidos na zona “non existe ningunha canalización de augas fecais que pase por ese parque, tan só de augas pluviais”.  

MIguel Ángel Álvarez edil de Medio Ambiente
Obras en Arealonga para evitar os vertidos
Ampliar a Bandeira Azul
Lograr o distintivo para toda a praia da Punta
Parque infantil
O edil explcia que non hai vertidos porque por alí non pasa ningunha canalización de augas fecais

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *