Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival de Títeres celebra o seu 18 aniversario con 70 funcións a cargo de 26 compañías

RR_Noticias

Para conmemorar a maioría da idade, programaranse actuacións en tres novos espazos -Rúa Casto Sampedro, Rúa Salgueiral e Centro Recreativo Cultural- e a Casa da Torre albergará un performance Show onde o público terá o protagonismo. O Festival que se desenvolverá nasemana do 15 ao 21 de maio, arrancará coa programación escolar e a de sala, e a de rúa ampliarase ao Día das Letras Galegas, ademais da exposición de autómatas “40 anos da Tartana” e a ruta polo Río Maceiras “Estás coma un cencerro” do domingo.

O Festival Internacional de Títeres de Redondela cumpre 18 edicións, e para conmemorar esta efeméride, o evento cultural máis importante da vila despregará máis de 70 funcións durante a semana do 15 ao 21 de maio a cargo de 26 compañías da máis variada procedencia. Como principais novidades, este ano ampliaranse a 16 os espazos escénicos que albergarán funcións de títeres, sumando ás tradicionais prazas as rúas Casto Sampedro e Salgueiral, así como o Paseo do Río Maceiras e o Centro Recreativo Cultural.  Para facilitar a orientación aos máis de 35.000 espectadores que cada ano visitan o Festival, poranse a disposición máis de 500 mapas de Redondela cos distintos espazos que dende o luns se poderán recoller no Multiusos da Xunqueira. Ademais dos novos recintos, durante a fin de semana a compañía catalana Sienta la Cabeza convertirá aos visitantes en protagonistas do seu performance show onde a complicidade do público transgrede as regras estéticas establecidas. Unha festa para festexar os 18 anos do festival cuxos ingredientes principais serán o atrevemento, a loucura, a música… e a perruquería! Máis de 70 representacións O Festival comezará o luns coas funcións escolares en Chapela, que se prolongarán durante a semana no Multiusos da Xunqueira. Máis de 2.000 cativos e cativas achegaranse ao teatro de monicreques nas 8 funcións programadas a cargo de compañías de Brasil, Galicia e Arxentina. O martes arrancará a programación de sala co espectáculo “Circus Funestus” da danesa Sofie Krog, unha proposta incluída no programa do ano pasado pero que, por un desgraciado accidente, tivo que ser substituída. Tanxarina e Tato Criaçao Cênica serán os protagonistas o Día das Letras Galegas, mentres que La Canela, de Andalucía, e os arxentinos de El Chonchón, representarán os seus espectáculos o xoves e venres, respectivamente. Xa na fin de semana, Títeres sin Cabeza de Aragón, Didi Rodan de Madrid e Huber Marionetas de EEUU completarán a programación no Multiúsos da Xunqueira, e o domingo tamén se realizará unha representación no Centro Recreativo Cultural cos galegos de Monifate Teatro. Pero sen dúbida, o maior número de representacións daranse na programación de rúa. Máis de 50 sesións de teatro de títeres, música e espectáculos encherán as prazas e rúas da vila o mércores, Día das Letras Galegas, o sábado e o domingo. O programa de actividades compleméntase coa exposición “40 años de La Tartana”, unha mostra interactiva onde é o propio espectador o que articula o mecanismo para que funcionen os diversos autómatas que a conforman. Na mañá do domingo, e debido ao grande éxito obtido nas anteriores edicións, desenvolverase a ruada participativa “Estás coma un cencerro” protagonizada pola compañía catalana Xip-Xap Teatre. Este ano as ovellas serán os animais convidados, e o Paseo do Río Maceiras o percorrido. A rapazada e os pais e nais poderán vir disfrazados de ovellas para gozar desta actividade ao mesmo tempo que descubren un dos máis bonitos recunchos de Redondela. Rod Burnett na memoria A organización do Festival quere transmitir o seu pesar polo falecemento do titiriteiro estadounidense Rod Burnett, artista que actuou en Redondela en dúas edicións. Debido á súa relevancia artística e ao seu traballo a prol da dignificación do títere tradicional, Rod estaba convidado a celebrar esta 18º edición do Festival (figuraba na primeira programación enviada aos medios), pero a súa morte, hai escasamente dúas semanas, truncou o noso desexo.        

Un títere inaugura o festival
Tatán pon voz aos protagonistas desta importantes cita cultural
Luis Crespo director
Confía en superar os 30.000 visitantes nunha cita que pon a Redondela no mapa
Novidades
Novos escenarios
Compañías de todas as procedencias
Unha mestura enriquecedora
Exposición La Tartana
Os autómatas son os protagonistas
Tatan membro de Xente Titiriteira
Reinvindica a maioría de idade do festival
Rod Burnett na memoria
Un titiriteiro que ía estar no festival
Javier Bas alcalde
Un festival que é patrimonio de todos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará