Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Roteiros polos xacementos arqueolóxicos de Monte Penide, Ventosela e o Viso

RR_Noticias

Unha visitas guiadas polo arqueólogo Xurxo Constela que se van desenvolver nos últimos domingos de abril, maio, xuño e xullo. A primeira das citas, promovida pola Concellería de Cultura terá lugar este mesmo domingo día 30 con saída ás 10:00 da mañá dende a Mámoa do Rei en Monte Penide. Os participantes coñecerán moitos monumentos tumulares na Necrópole de Chan da Cruz, coñecida tamén como Chan das Formigas que conta cun total de 36 xacementos de gran valor arqueolóxico. Unha actividade completamente de balde que non precisa de inscrición previa.

Coñecer o patrimonio existente en Monte Penide/MIrallo, visitar as mámoas e os petróglifos e poñen en valor este espazo é o obxectivo desta actividade que se vai celebrar este mesmo domingo día 30 e que se completa con outros roteiros convocados para os vindeiros meses. Así, o 28 de maio a proposta pasar por realizar unha visita nocturna aos petróglifos de Ventosela, o 25 de xuño realizarase outra visita, tamén nocturna aos petróglifos de Monte Penide e pecharase esta xeira de roteiros o día 30 de xullo cunha visita ao Castro da Peneda do Viso. Actividades de balde organizadas pola Concellería en colaboración coa empresa A Citania na que poden participar todos os que o desexen. O único requisito é achegarse ao lugar indicado con roupa e calzado cómodo.  

Teresa París edil de Cultura
Uns roteiros guiados por Xurxo Constela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará