Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Centos de persoas participan na procesión do Cristo dos Navegantes

RR_Noticias

A procesión, que contou cunha nutrida representación do goberno local con Javier Bas a cabeza, percorreu as rúas do casco urbano e prolongouse ata as once da noite. Durante toda a xornada celebráronse actos de carácter relixioso sendo a misa da tarde, ás 19:30 horas a que contou con máis fieis que a continuación participaron da procesión que discorreu entre a Igrexa de Santiago e  o Convento de Vilavella.

Un festivo local de carácter relixioso con gran seguimento en Redondela e cuxas actividades están centradas nas citas relixiosas, dende as misas ás procesións, sendo a que se celebra en horario de tarde unha das máis concorridas do concello. Onte eran centos de fieis os que participaban na mesma e na que un ano máis se deixaron ver os membros do goberno local.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará