Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle o XXXIV Maratón de Fútbol Sala de Semana Santa

RR_Noticias

Un ano máis chega a Redondela o clásico deportivo da Semana Santa. Os días 13 e 14 dispútase o Maratón de fútbol sala organizado polo Redondela F.S. nas categorías sénior masculina e feminina. Hoxe martes é o último día para inscribirse, o prazo remata ás 18.00 horas.

O torneo disputarase no novo pavillón da Marisma. Haberá trofeos e premios en metálico, con 400 euros para o campión masculino e 200 para o subcampión. Tamén se distinguirá a un equipo co premio á Deprotividade. Os interesados en participar neste maratón podar inscribirse ata esta tarde, ás 18.00 horas, na oficina que o Club Redondela Fútbol Sala ten non pavillón, no teléfono 610.251.417, ou no enderezo electrónico redondelafutbolsala@gmail.com.. O importe da inscrición é de 50 euros máis 30 de fianza para os equipos masculinos, e 30 euros máis 20 de fianza para os femininos. O sorteo dos partidos celebrarase mañá mércores, 12 de abril, ás 19.00 horas, na cafetaría Aifos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará