Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela prepárase para 18 meses de obras na Avenida de Vigo sen alternativa de aparcamento

RR_Noticias

A Asociación de veciños alerta do “caos” que suporá iniciar unhas obras de humanización que vai eliminar o 40% das prazas existentes. Critican ao goberno local por non ter prevista ningunha zona de estacionamento alternativa que dea servizo aos veciños da zona e aos clientes dos establecementos comerciais “que se verán claramente prexudicados nos vindeiros meses”. Reclaman que se inclúan melloras nesta actuación como a instalacións de lombos  nos pasos de peóns pero, sobre todo, que se dea unha resposta aos problemas de aparcamento.

As obras de humanización da Avenida de Vigo arrancan na vindeira semana e afectarán a un tramo dun quilómetro nas inmediacións do mercado de Chapela. Os traballos, adxudicados pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda á empresa Civis Global por un importe de 1,8 millóns de euros, prolongaranse durante 18 meses. Unha humanización que a Asociación de Veciños da parroquia valora positivamente “porque se trata dunha zona con moitas carencias” e estes traballos permitirán a renovación integral das beirarrúas, a ordenación dos xiros na rúa San Telmo e tamén na rúa José Fernández López (onde se colocarán glorietas e isletas). Con todo, o colectivo veciña critica que a obra arranque sen ter atopado unha alternativa á perda dunhas 75 prazas de estacionamentos que desaparecerán coa ampliación das beirarrúas. Explica o presidente da Asociación Marcial Pérez que “suporá reducir nun 40% asp razas existentes, nunha zona que xa a día de hoxe presenta problemas de aparcamento Critica que a única proposta do concello pase por “eliminar un parque infantil nas proximidades que vai achegar cinco prazas de parking  un número insignificante tendo en conta as que se suprimen”. Entende que hai unha falta absoluta de previsión por parte do concello “teñen a idea de negociar con Renfe para empregar os terreos da estación pero é un proxecto a longo prazo e as obras son inmediatas”. A Asociación comprométese a colaborar para defender os intereses dos veciños e comerciantes , recoller as súas reivindicacións e trasladalas ao goberno.  

Marcial Pérez AVV Chapela
Unha obra necesaria pero con carencias
Falta de previsión
Critica que o concello non habilitase estacionamentos alternativos
Defender os intereses dos veciños
Comprométense a xestionar as queixas que se produzan entre veciños e comerciantes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará