Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local explica a veciños e colectivos de Chapela as obras da Avenida de Vigo

RR_Noticias

A humanización da estrada que cruza a parroquia de Chapela está a piques de se iniciar. Os traballos poderían comezar neste mesmo mes de abril, en canto remate o período de Semana Santa.  O alcalde e o equipo de goberno local desprázanse hoxe luns a esa parroquia para falar do inicio deses traballos na avenida de Vigo así como doutras obras pendentes na parroquia. A reunión será ás 20:00 horas no local da asociación Agarimo.

O equipo de goberno con Javier Bas á cabeza organizan unha charla na parroquia de Chapela hoxe este luns, día 10 de abril, ás 8 da tarde, no local de Agarimo para falar das obras que se van a levar a cabo este ano na parroquia e do inicio das obras na Avenida de Vigo.
Na charla falarase polo miúdo das obras que se levarán aos orzamentos deste ano 2017 e comunicaranse os prazos e o estado de todos e cada un dos proxectos xa que, algúns deles, están á espera de autorizacións doutras administracións.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará