Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP rexeita no parlamento o plan contra o impacto da ampliación da AP-9 en Chapela

RR_Noticias

Veciños de Chapela foron desaloxados da cámara galega por amosar a súa indignación cando representantes do PP decidiron abandonar o hemiciclo mentres Luis Bará, do BNG defendía a proposta de poñer en marcha un plan integral na parroquia de Chapela que minimice os efectos que a ampliación da autoestrada está a provocar na parroquia. O ex concelleiro redondelán Alberto Pazos argumentou a postura do PP por considerar que as demandas dos nacionalistas xa están en marcha e por negarse a aceptar unha emenda do PSOE que reclamaba entre outras cuestións que non se poña en marcha o novo carril da AP-9 ata que os nenos do colexio Igrexa non foran traslados ao novo centro.

O Parlamento Galego rexeitou unha iniciativa do BNG que demandaba do goberno un plan integral que mellorase as condicións de vida dos veciños da parroquia de Chapela. Medidas moitas delas encamiñadas a minimizar o impacto da ampliación da AP-9 entre as que se incluían a eliminación da peaxe en Rande, co que se reduciría o paso diario de miles de vehículos pola N-552 e “converter en treito urbano esta parte da autoestrada, con reducións nas limitacións de velocidade, a aplicación de asfalto antiruído, e a colocación de pantallas acústicas”.
A proposta do BNG foi rexeitada polo PP malia que estas reivindicacións si teñen atopado o seu apoio en Redondela. O popular Alberto Pazos argumentou que a postura do seu grupo responde a que “estas medidas están xa en marcha”. Tamén se negou a apoiar a proposta presentada por Luís Bará logo de que se incluíse na mesma unha emenda do PSOE na que se esixía que non se poña en marcha o novo carril da autoestrada ata que os nenos do colexio Igrexa fosen trasladados ao novo centro escolar, que se poña en valor o castelo de Rande e se constrúa unha nova ponte de acceso a Trasmañó dende o Alto da Encarnación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará