Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carmen Amoedo: “A oposición reprobou ao alcalde por abandonar a Área e agora o xuíz dálle a razón”

RR_Noticias

A decisión do alcalde de Redondela Javier Bas de abandonar a Asemblea constituínte da área metropolitana provocou que fora reprobado pola corporación municipal. A decisión do xuíz de suspender o funcionamento desta institución polas irregularidades detectadas na súa posta en marcha “dá a razón ao PP cando decidiu levantarse da mesa e abandonar esa sesión” Así o entende a voceira dos populares Carmen Amoedo, quen arremete contra a oposición de Redondela (PSOE, AER e BNG) por ter reprobado ao alcalde por esta decisión.

Insiste Amoedo en que o único culpable en que a Área Metropolitana viva unha situación de bloqueo ten un nome “o alcalde de Vigo, Abel Caballero”. Explica que “a paralización que fai o xuíz é clara ao establecer unha serie de irregularidades por parte dalgúns concellos que presentan uns representantes que non lle corresponden alterando así a mesa da idade”. Engade que no PP sempre tiveron claro “tal e como agora o avala o xuíz que o que se estaba a facer alí era unha pantomima”. Apunta ademais que esta resolución do xuíz demostra “o ridículo estrepitoso da oposición de Redondela por reprobar ao alcalde por levantarse dun pleno que estaba suspendido” e amosa a súa satisfacción con este decreto de suspensión. Malia as críticas, a edil en nome do PP amosa a disposición do seu grupo a sentar para intentar volver ao consenso e poñer en marcha unha institución cuxo funcionamento beneficiaria a todos os veciños.  

Carmen Amoedo voceira do PP
A suspensión da Área por parte do xuiz dá a razón ao PP
Ridículo da oposición
Entende a concelleira que a oposición fixo un ridículo estrepitoso ao reprobar ao alcalde por este asunto
Seguir negociando
Anima a todas as partes a sentar para intentar volver ao consenso

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará