Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Angel Barros chama a reflexionar sobre as inxustizas na súa nova exposición

RR_Noticias

A guerra en Siria, os refuxiados, a inmigración, o papel dos políticos e a igrexia, as desigualdades sociais, son algúns dos temas que o artista e restaurador redondelán aborda na mostra “O privilexio do esforzo” que se pode visitar até o 15 de maio no Multiúsos da Xunqueira. Trinta e seis pezas nas que se mesturan clásicos de Velázquez ou Vermeer, con fotografías e reproducións de imaxes tiradas das revistas ou televisión. Material moi diverso tanto en formato como en técnica que teñe como nexo común unha dura crítica á situación que vivimos na actualidade.

Angel Barros Montero regresa tres anos despois da súa última exposición no Multiúsos da Xunqueira cunha mostra radicalmente distinta e chea de inconformismo na que quere facer reflexionar ao visitante sobre as inxustizas que protagonizan o mundo actual. Así presenta obras como “As bodas de Caná” de Paolo Veronese, “Las hilanderas” de Velázquez, a “Coronación de Napoleón” ou cadros de Murillo, Sorolla, Zurbarán ou Rubens xunto a reproducións de imaxes da “A nena do Napalm” do fotógrafo vietnamita Nick Ut ou de Aylan, o neno kurdo que aparecía afogado nunha praia turca e que enchía os medios de comunicación en setembro do pasado ano. Pezas que van acompañadas por textos incisivos que queren esperar as conciencias e nos que se pode ler ” Os crimes máis grandes da humanidade cométense en nome da liberdade e da democracia”, “Na dictadura facían o que querían con nós. Hoxe facemos o que eles queren”, “Pode xulgarse o grao de civilización dun pobo pola posición social das Mulleres” ou “Soños temos todas as persoas, o que nos diferenza é o esforzo que poñemos para conseguilos. Unha mostra para pensar pero tamén para fixarse no detalle, na pincelada, no coidado da técnica e no traballo que agocha cada unha das reproducións que reflicten unha vida enteira dedicada á pintura, á restauración e á investigación, e que levaron a Angel Barros a traballando para institucións como o Louvre e con obras de Picasso, Tápies ou Matisse. Barros asegura que isto é o que lle fai feliz malia ao esforzo que require aínda que como transmite co título da exposición “O privilexio do esforzo”, “só co esforzo pode chegar un a realizar os soños desexados”.  

Angel Barros pintos e restaurador
Unha exposición que denuncia as inxustizas
Imaxes para reflexionar
Fala dalgún dos cadros que atopamos na exposición
Autodidacta
Innovar nas técnicas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará