Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

400 remeiros participan esta fin de semana na regata de bateis “Bandeira do Porvir” de Chapela

RR_Noticias

O Club de Remo de Chapela organiza esta fin de semana o IX Regata de Bateis Bandeira do Porvir (Memorial Obdulio Igresias “Odilo”) coa participación de doce clubs de toda a provincia.A competición arrincará o sábado, ás 17.00 horas, nas inmediacións do paseo de Cardona, e continuarán o domingo ás 11.00 horas. En total mobilizaranse máis de 80 embarcacións e 400 remeiros dos distintos clubs participantes.

Os organizadores da proba destacan que se entregarán medallas para o tres primeiros clasificados de cada categoría e o club que obteña maior números de puntos sumando os obtidos nos dous días de competición farase coa Bandeira.
O campo de regatas será en paralelo ao paseo marítimo e á praia de Arealonga, polo que facilitará o seguimento da proba. A proba conta coas categorías feminina de alevíns, promesas, xuvenil e absoluta, e a nivel masculino, con alevíns, infantís, cadetes, xuvenil e absoluta.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará