Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“A nena que quería navegar”, teatro familiar contra o acoso escolar no Multiúsos

RR_Noticias

A compañía Redrum Teatro ofrece un espectáculo para previr o acoso escolar través da historia dunha nena que farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros foxe da escola. Unha aventura que a través da música en directo, o traballo actoral e o teatro de monicreques busca reforzar a autoestima dos máis pequenos e achegar ferramentas a todos os que dalgún xeito convivan co “bullying”. Unha obra para todos os públicos que se poderá ver o domingo no Multiúsos da Xunqueira ás 18:00 horas.

O espectáculo pretende, a través de técnicas de reforzo positivo, mellorar a autoestima dos máis pequenos. Así o explica o director da obra, Alex Sampayo, quen insiste en que malia o sensible do asunto a tratar, a obra faino sen centrarse nas consecuencias e si nas ferrramentas que os rapaces necesitan para para previr ese acoso. A historia que nos contan é a da Nena, quen farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros foxe da escola coa intención de non volver nunca máis, na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, adiviñanzas, xogos e canción, devolveralle a autoestima perdida. Un espectáculo protagonizado por Laura Míguez e Guillermo Carbajo, no que se mesturan varias disciplinas artísticas como o teatro de monicreques, o de obxectos, as proxeccións e a música en directo. Recomendado para rapaces e rapazas de seis a doce anos Sampayo asegura que tamén poden gozar da representación nenos menores desa idade. A obra poderase ver o domingo ás 18:00 horas e as entradas teñan un custe de 5€ e 3€ a tarifa reducida.  

Alex Sampayo director Redrum Teatro
Incluso os máis pequenos poderán gozar co espectáculo
O acoso escolar
Un tema tratado con delicadeza

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará