Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A lei exprés permite desbloquear a construción do novo colexio Igrexa e acurtar os prazos

RR_Noticias

Finalmente a Xunta atende as demandas do Concello e permitirá aplicar a lei expres (coñecida como Lei Citröen) para cambiar a calificación urbanística da finca da Ginaria en Cidadelle. Este cambio de uso dos terreos permitirá desbloquear e axilizar a construción do novo colexio Igrexa. O goberno local amósase satisfeito “porque finalmente atendeuse a postura do goberno” e, malia non dar datas, aseguran que esta novidade permitirá acurtar os prazos para a apertura do novo centro.

A lei expres permite desatascar proxectos públicos urxentes ou de especial interese. Malia que o goberno galego rexeitara aplicar esta lei a este proxecto, por entender que se trataba dunha actuación de interese local, finalmente aténdese a demanda do Concello que permitirá aplicar este procedemento excepcional e axilizar os trámites de construción do novo colexio. Así o explicaba a tenente de alcalde, Carmen Amoedo “estamos máis que satisfeitos porque nos entendiamos dende o principio que era viable aplicara a Lei Citroën para o cambio de uso dos terreos de Cidadelle. Por ese motivo presentamos un recurso á contestación de Educación xustificando tecnicamente a nosa demanda que finalmente foi atendida. Isto significa que os prazos acúrtanse moitísimo”. Neste sentido, Amoedo evitar dar prazos pero entende que logo da publicación no BOP no día de hoxe do inicio do procedemento excepcional para o proxecto educativo de Cidadelle, a tramitación urbanística e a construción do novo colexio será unha realidade antes do previsto. Corríxese polo tanto a última previsión que establecía o 2019 como ano no que abrir ese novo colexio e mantense a previsión inicial que establecía a data de apertura para o curso 2018/2019. Recoñece tamén a edil que a mobilización veciñal e da propia comunidade educativa favoreceron que se producise ese cambio de criterio por parte dos técnicos de Educación e confirma que xa se lles trasladou aos afectados esta novidade “que como non podía ser doutro xeito foi acollida co optimismo lóxico de saber que se acurtan os prazos”. Malia que a tramitación a partir de agora é mais sinxela, hai que esperar estes 20 días de exposición pública non que previsiblemente non se debería presentar alegación que poida atrasar os seguintes pasos.  

Carmen Amoedo tenente de alcalde
Aplicarase finalmente a lei esprés
Prazos
Prefire non concretar datas
Mobilización cidadá
Recoñece que a presión dos veciños e comunidade educativa favoreceu esta decisión

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará