Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco dá un paso máis cara a permanencia

RR_Noticias

A vitoria ante un rival directo como o Alondras permite ao Choco respirar máis tranquilo na pelexa pola permanencia na Terceira División. Na Segunda Autonómica vitoria tamén do filial ante o Salvaterra. Na Terceira Autonómica vitorias para Cesantes e Chapela, que se consolidan na senda o ascenso, derrota para o Peña Beretes e empate do At. Vilar.

Terceira División

Alondras 0-2 Choco
Dous goles de Silva déronlle a vitoria ao Choco no Campo do Morrazo nun partido clave entre dous rivais directos pola permanencia. Os de Marcos Montes xa puntuaran nas súas catro anteriores saídas, e ante o Alondras non defraudaron. A pesar do intenso de todo o partido, o realmente importante non sucedeu ata a segunda parte. O Choco beneficiouse, nese sentido, do acerto do seu atacante Diego Silva, que anotou o primeiro gol pouco despois do descanso e fixo o segundo a falta tan só de cinco minutos, rematando a un Alondras que fixera todo o posible por empatar. Na próxima xornada o Choco recibe ao Castro, que se xoga a permanencia
Segunda Autonómica

Choco B 3-2 Salvaterra
O filial impúxose ao Salvaterra nun duelo intenso vivido en Santa Mariña. Dous goles de Pillo na primeira metade puxeron por diante aos locais, pero o Salvaterra igualou o marcador con tantos de Édgar de penalti e Pablo Piñeiro. A falta de cinco minutos Antolín desfixo ese empate para darlle o triunfo aos redondeláns. O domingo xogará no campo do Nigrán, dous postos por baixo do Choco.
Moraña 3-2 Arcade
O Arcade non foi quen de manter a vantaxe malia poñerse por diante cun gol de Rubén. Os tantos de Héctor, Salva e David Alexander para os locais fixeron que os puntos quedaran en Moraña, malia o segundo gol de Fabián para o Arcade. Na próxima xornada reciben ao Deiro, que pelexa pola permanencia.
Terceira Autonómica

Peña Beretes 0-6 Vincios
O Peña Beretes segue afundido na táboa logo da derrota ante o Vincios, líder intratable do grupo. Os de Chapela mantiveron a defensa en orden durante a primeira parte, pero xa na segunda, co teriro gol do Vincios, baixaron os brazos re recibiron tres tantos máis. O domingo xogarán no campo do Casablanca, situado tamén no pozo da táboa.
Atl. Vilar 3-3 Coia
O Vilar segue afundido na táboa logo do empate a tres goles co Coia. Na próxima xornada visitan o campo do líder, o Vincios.
Alcabre 0-5 Chapela
O Chapela asinou unha goleada no campo do pechacancelas que lle permite seguir pelexando polo ascenso. O domingo reciben ao Pereiró, da metade da táboa.
Cesantes 3-1 Cereponzóns
O Cesantes adianta na táboa ao Cerponzóns logo da vitoria, e segue con paso firme cara o ascenso. Os goles de Cadilla, Cana e Isaac deron o triunfo aos redondeláns. E o porteiro do Cerponzós mesmo evitou unha goleada maior. O domingo xoga no campo do Cotobade, equipo da metade baixa da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará