Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos en Chapela con Elefante Elegante

RR_Noticias

A biblioteca de Chapela acolle este martes 28 ás 18:30 horas un contacontos orientado a nenos e nenas de entre 3 e 7 anos. A actividade correrá a cargo da compañía Elefante Elegante quen presentará o seu espectáculo de contos “Lobo Bobo”. Entrada libre, ata completar aforo.

Que pasaría se o lobo da Carrapuchiña se fixese vexetariano? Que acontecería se a madrasta de Branca de Neve se convertese nun dos tres porquiños cada vez que se mira no espello? A resposta a estas e outras preguntas poderémolas descubrir no novo espectáculo de Elefante Elegante, mesturando os contos de sempre para crear unha nova historia na que conviven o cómico e o poético co teatro xestual e a música. O contacontos está dirixido para rapazada entre 3 e 7 anos. A actividade desenvólvese grazas ao programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia. Xa na vindeira semana tamén na biblioteca de Chapela desenvolverase outro Contacontos aínda que orientado a bebés de 0 a 3 anos e que si precisa de inscrición previa. Será a narradora Charo Pita quen achegue aos pequenos “O curral de Cocoricó” o luns, 3 de Abril, ás 18:00 h. A inscrición pódese facer na propia biblioteca, no teléfono 986454226 ou no enderezo electrónico: bibliotecachapela@redondela.es, indicando nome, idade da crianza e deixando un teléfono de contacto.  

Mª José VIllar Biblioteca de Chapela
Un contacontos para nenos de 3 a 7 anos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará