Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Artelixo adianta a súa celebración para animar a participación de colexios e rapazada

RR_Noticias

Neste edición o certame, que fomenta a reflexión medioambiental e a elaboración de obras de arte con material de refugallo, celebrarase entre o 16 e o 22 de abril. Os interesados en participar deben enviar as súas propostas antes do 8 de abril ao enderezo artelixoredondela@gmail.com. Ademais do cambio de datas o Artelixo 2017 presenta importantes novidades como un obradoiro familiar na Praia de Cesantes ou as convocatoria dun certame audiovisual “lixoTube” e unha exposición fotográfica.

Este ano o Artelixo adianta ao mes de abril a súa celebración coa intención de que poidan participar os rapaces e rapazas nos colexios e institutos. Unha convocatoria aberta tamén a escultores, pintores, músicos ou público en xeral que queira participar cunha obra a este proxecto cuxo prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 8 de Abril. O único que hai que facer é enviar un correo a artelixoredondela@gmail.com para que a organización poida definir o emprazamento de cada unha das obras en acordo co seu autor. O certame deste ano inclúe propostas xa habituais como o “Sonalixo” que inclúe actuación musicais ou o recital poético “parnalixo” pero nesta edición inclúe dúas novidades, un certame audiovisual lixento no que poderán participar vídeos en  Mp4 cunha duración máxima de 3 minutos e a Fotolixo, unha exposición que encherá tamén as rúas de Redondela de imaxes nas que reflexionar sobre o lixo, o seu tratamento, a súa reciclaxe ou calquera outra fotografía en torno ao lixo. Amplíanse tamén os obradoiros con material de refugallo destinados ao público infantil e familiar cunha proposta que se desenvolverá na praia de Cesantes, o obradoiro “Crebeirar.te” con Carmen Hermo que prestará atención ao lixo e material que o mar devolve a terra e co que se farán tamén obras de arte.  

Olga Nogueira Artelixo
Cambio de datas para animar a participación
LixoTube e Fotolixo
Son dúas das novidades deste ano
Obradoiros na Alameda e na praia
Actividades que buscan a participación do público familiar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará