Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música de Haendel co Coro Rías Baixas na Igrexa de Reboreda e fados de María do Ceo no Multiúsos

RR_Noticias

O Festival Pórtico Sonoro da Concellería de Cultura ofrece este sábado un concerto na igrexa Santa María de Reboreda a cargo do Coro Rías Baixas que interpretarán números corais do Mesías de Haendel. Unha actuación ás 20:00 con entrada de balde. Tamén o sábado ás 20:00 horas a fadista María do Ceo achega a súa voz ao Multiúsos da Xunqueira. Un concerto cuxas entradas custan 10€ na billeteira e 7 en venda anticipada (5€ entrada reducida para estudantes, xubilados e desempregados)

O Coro de Cámara Rías Baixas fórmase a finais de 2013 en Vigo coa finalidade de suplir a carencia de formacións corais que poidan colaborar con orquestras, bandas e grupos de cámara no sur de Galicia. Ademais das colaboracións con grupos instrumentais, tamén pretende servir de impulso para novos solistas e de ferramenta para compositores noveis ou xa consagrados da área das Rías Baixas. O nome do coro resume dita finalidade, así como a procedencia variada dos seus compoñentes e o seu ámbito de actuación.
 
Fados no Multíúsos
María do Ceo actualmente está considerada unha fadista tradicional, polo que nalgúns medios de comunicación xa a consideran a sucesora de Amalia Rodrígues, tanto no estilo, como na interpretación.
Unindo as súas múltiples influencias ao sentir portugués e a dozura natural do idioma galego, dotada de cualidades vogais excepcionais, envolve de inmediato ao público nun ambiente máxico.
O concerto, que fora suspendido logo de decretarse dous días de loito en Redondela polo asasinato de violencia de xénero acontecido en Chapela, celébrase finalmente este sábado ás 20:00 horas. As entradas están xa a venda no Multiúsos da Xunqueira.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará