Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Atropelado un veciño que participaba nas protestas contra a AP-9 por un vehículo que se deu a fuga

RR_Noticias

O mozo, compañeiro da asociación de afectados pola ampliación da autoestrada, resultou ferido leve e foi trasladado en ambulancia ao hospital de Fátima en Vigo. O condutor do vehículo que provocou o accidente saíuse da caravana co obxecto de esquivar a protesta veciñal e levouse por diante a este manifestante. Malia que se deu a fuga foi localizado pouco despois por efectivos da Policía Nacional e Garda Civil que interviron no suceso.

Susto o vivido hoxe na protesta que periodicamente realizan os membros da asociación de afectados pola AP-9. Como adoitan facer, un día máis cortaron a estrada ás 11:30 horas deste martes cruzando durante varios minutos o paso de peóns que está situado xunto ao pavillón de deportes e o Instituto de parroquia. Uns cortes na circulación que afectas aos condutores que a esa hora circulaban en sentido Redondela e Vigo.
Un dos condutores que se viu sorprendido pola protesta decidiu saltarse a caravana. Un acto temerario que se saldou cun ferido leve, un mozo que participaba do corte de tráfico e que o turismo, un Citröen C4 cor granate, levouse por diante, provocando que o atropelado caera sobre o capó do turismo e posteriormente ao chan. Membros a asociación que estaban presentes lamentan o acontecido e a inconsciencia do condutor que puido rematar en traxedia.
Logo do accidente, o vehículo deuse a fuga, sendo localizado pouco despois grazas á descrición das testemuñas que presenciaron o atropelo e que incluso teñen no seu poder un vídeo no que se recolle o momento do suceso.
Ademais da ambulancia que trasladou o ferido, que se queixaba de molestias nas costas, participaron no suceso e posterior localización do fuxido, axentes da Policía Nacional e a Garda Civil de Tráfico.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará