Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Refrega entre PP e AER polo caso dos vertidos nunha finca particular na Rabadeira

RR_Noticias

Logo de que o PP asegurase que na finca situada ao carón do Maceiras non existía vertido algún de cascallos “tan so terra procedente das riadas do pasado ano”, AER reitera a existencia de dito vertido  e acusa ao concelleiro de Medio Ambiente de faltar a verdade.

O cruce de acusacións arrancou cando a Agrupación de Electores denunciou publicamente a existencia dun vertido irregular nunha finca próxima ao Maceiras, acusando ademais ao goberno municipal de “pasividade” neste asunto por ser propiedade a finca de familiares dun membro do PP de Redondela”.
Os populares contestaron asegurando que non existe vertido algún “tan só acumulación de terra procedente do Maceiras e das riadas que sufrimos o ano pasado”.
Con todo, a refrega continúa. AER decide tirar de documentación e asegura que o edil “ou minte agora ou mentiu antes” en referencia a que dende o propio concello lles aseguraron que todo o material fora retirado en xuño do ano pasado e agora argumentan que será retirado en canto sexa posible.
Engaden tamén que mentres agora dende o PP recoñecen que o propietario da finca “estaría a colaborar desinteresadamente co concello cedendo temporalmente a súa propiedade facendo acopio de terras e material” no seu día aseguraron non ter coñecemento do asunto.
AER reitera novamente que nesta actuación se está a acometer unha ilegalidade xa que segundo recoñece o edil publicamente “procedeuse a achandar o material procedente do Maceiras para causar o menor impacto visual posible” cando a normativa establece que “na zona de dominio público hidráulico non se pode facer esta tipo de actuación sen os correspondentes permisos”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará